Nacionalismo acerbaixano
O nacionalismo acerbaixano (en azarí: Azərbaycan milliyətçiliyi), tamén coñecido como acerbaixanismo, é un movemento político e cultural que xurdiu entre os intelectuais acerbaixanos dentro do Imperio Ruso durante a segunda metade do século XIX. Aínda que nun principio tiña unha natureza cultural, posteriormente desenvolveuse como unha ideoloxía política que culminou co estabelecemento da República Democrática de Acerbaixán en 1918.[1][2]
En comparanza co nacionalismo armenio e xeorxiano, o sentimento de nacionalismo étnico desenvolveuse de maneira máis lenta entre os acerbaixanos, en parte pola súa identificación como membros dun mundo musulmán meirande e non como unha etnonación cultural singular.[3] Despois do conflito de Nagorno-Karabakh e a súa declaración de independencia en 1991, Acerbaixán presenciou o ascenso dun nacionalismo acerbaixano especialmente forte, o cal inclúe aspectos de pannacionalismo e irredentismo.[4]
Territorio
[editar | editar a fonte]As reclamacións irredentistas dos nacionalistas acerbaixanos buscan principalmente incorporar grandes seccións de Irán, así como partes de Armenia, Rusia, Xeorxia e Turquía dentro dun proposto territorio ampliado coñecido como Acerbaixán Enteiro. Irán conta cun maior número de acerbaixanos étnicos dos que residen no propio país de Acerbaixán, e antes do estabelecemento da República Democrática de Acerbaixán en 1918, o nome "Acerbaixán" usábase exclusivamente para identificar a rexión adxacente do noroeste de Irán.[5][6][7]
A conciencia acerbaixana tamén é importante na cooperación con outros pobos etnicamemente afíns a través do panturquismo.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Najafov, Etibar: The evolution of Azerbaijani nationalism: Enlightenment, ADR, and Azerbaijanism Arquivado 04 de febreiro de 2020 en Wayback Machine., Azerbaijan in the world. ADA Biweekly Newsletter, vol. 1, no. 12 de xullo de 2008.
- ↑ Ahmadoghlu, Ramin (2020). "Secular nationalist revolution and the construction of the Azerbaijani identity, nation and state". Nations and Nationalism (en inglés) n/a (n/a). ISSN 1469-8129. doi:10.1111/nana.12682.
- ↑ The Forsaken People: Case Studies of the Internally Displaced - Page 257 by Roberta Cohen, Francis Mading Deng
- ↑ Hirose, Yoko: The Complexity of Nationalism in Azerbaijan, International Journal of Social Science Studies, vol. 4, no. 5, p. 136-149, maio de 2016.
- ↑ Atabaki, Touraj (2000). Azerbaijan: Ethnicity and the Struggle for Power in Iran. I.B.Tauris. p. 25. ISBN 9781860645549.
- ↑ Dekmejian, R. Hrair; Simonian, Hovann H. (2003). Troubled Waters: The Geopolitics of the Caspian Region. I.B. Tauris. p. 60. ISBN 978-1860649226.
Until 1918, when the Musavat regime decided to name the newly independent state Azerbaijan, this designation had been used exclusively to identify the Iranian province of Azerbaijan.
- ↑ Rezvani, Babak (2014). Ethno-territorial conflict and coexistence in the caucasus, Central Asia and Fereydan: academisch proefschrift. Amsterdam: Amsterdam University Press. p. 356. ISBN 978-9048519286.
The region to the north of the river Araxes was not called Azerbaijan prior to 1918, unlike the region in northwestern Iran that has been called since so long ago.
- ↑ Fishman, Joshua; Garcia, Ofelia (2011). Handbook of Language and Ethnic Identity: The Success-Failure Continuum in Language and Ethnic Identity Efforts 2. Oxford University Press. p. 269. ISBN 978-0-19-539245-6.
It is commonly acknowledged that pan-Turkism, the movement aiming at the political and/or cultural unification of all Turkic peoples, emerged among Turkic intellectuals of Russia as a liberal-cultural movement in the 1880s.